Nueva web en gallego sobre la Campaña de Objeción al Gasto Militar 2005 - Tortuga
Administración Enlaces Contacto Sobre Tortuga

Nueva web en gallego sobre la Campaña de Objeción al Gasto Militar 2005

Martes.3 de mayo de 2005 1050 visitas Sin comentarios
Correo Tortuga - Javier Estivoaki #TITRE

Ver aquí la web: http://www.nonaogastomilitar.org/

Parece que por estos lares empezamos a romper con el
minifundismo... se a creado a nivel galego una
coordinadora por la OF y han construido una web... que
no esta ni tan mal.

Presentación Campaña 2005

Vivimos tempos de globalización neoliberal, crise ecolóxica global e o que semella vontade de guerra global permanente.

Os gastos militares mundiais retornan a níveis da Guerra Fría. A Investigación e Desenvolvimento (I+D) está a ser militarizada. Ao tempo que medran as diferenzas sociais dentro e entre países. O Estado español e o conxunto da Unión Europea non son alleos a este alarmante fenómeno, e exemplo disto é que o texto que pretenden sexa a Constitución Europea recolle a "prevención de conflitos por meios militares" -quer dicer, lanzamento desde a UE de guerras preventivas como a do Iraque-, obriga aos Estados membros á "mellora progresiva das súas capacidades militares", cría a Axencia Europea de Defensa -"para o desenvolvimento das capacidades de defensa, a investigación, a adquisición e o armamento"... "para reforzar a base industrial e tecnolóxica do sector da defensa"- e integra á OTAN no seu articulado, ademais de a Unión contar xa cunha Forza de Intervención Rápida de 60.000 soldados.

A cidadanía pódese negar a seguir por este camiño e optar pola construción da paz, pode apostar por que nen un céntimo, nen unha muller, nen un home... nen un só recurso, acaben por ser destinados á guerra e á súa preparación. A Obxección Fiscal aos Gastos Militares é mais un modo de construírmos a Paz no noso día-a-día.