24 de Maio, dia da muller antimilitarista - Tortuga
Administración Enlaces Contacto Sobre Tortuga

24 de Maio, dia da muller antimilitarista

Miércoles.24 de mayo de 2006 1033 visitas Sin comentarios
La Haine #TITRE

x CNT-Galiza

AS SUAS ARMAS A NOSA POBREZA, AS SUAS GUERRAS A NOSA MISÉRIA

O militarismo provoca miles de mortos en guerras polas matérias primas, por vender máis e mellor aos países enfrentados, por asegurar mercados, por desviar a atención das populazóns dos conflitos sociais...e como non nas chamadas “misións humanitárias”, que é un dos últimos negócios do capital.

O militarismo forma parte intrínseca desta sociedade capitalista e globalizadora, onde para manter a orde estabelecida precisan de represión e controlo da populazón. A compra de armamento supón para moitos países non só morte e destruizón, senón un endividamento contínuo e un potenciamento da violencia armada como forma de resolver conflitos.

Por outra parte o incremento dos orzamentos militares leva a un menor investimento en infraestruturas básicas para a sobrevivéncia, afectando moi gravemente a vida de millóns de persoas no mundo e aumentando e multiplicando a pobreza extrema.

Poderia-se pensar que as guerras non nos afectan, pois estamos fora como países ocidentais do ollo do furacán, mais temos ainda recente a guerra de Bosnia, a de Chechénia sen posibilidade de acordo, a matanza de albano-kosovares, e estes países están na Europa, do lado nosa. Tamén temos outra consecuéncia directa das guerras e matanzas en Africa, coa chegada de emigrantes que veñen de lugares destruídos polas armas que Europa fabrica e vende.
O belicismo e o militarismo, son fenómenos directamente relacionados co patriarcado. As mulleres e os nenos e nenas están entre as principais vítimas das guerras (danos colaterais), e forman parte da chamada “violéncia estrutural” , que aboca a unha feminización crecente da pobreza no mundo, discriminación, violacións, ...

O que temos que exixir é que o estado se deixe de gastar o noso diñeiro en armas e invista en gastos sociais e que se pechen dunha vez as fábricas de armas. Non se pode ser tan hipócrita de dicer que non haxa tortura, cando no estado español se están a fabricar e exportar eses instrumentos a moitos países do chamado “Sul”..

Os uniformados, os patriotas, as xerarquías, as medallas.. son parte desa relación co poder que teñen os exércitos e o militarismo. As mulleres cando falamos de igualdade, queremos dicer :abolición da explotación, da opresión e da discriminación, estamos a falar de paz.

Gasto militar do Estado español para 2006 supera os 58 millóns de euros diários.GASTO MILITAR NO MUNDO: 700.000 millóns de euros co 1% desa cantidade, o água potábel seria accesibel a toda a humanidade co 2% desa cantidade, poderiamos acabar coa fame en 10 anos !

(E non o di a CNT senón a ONU Fonte: ONU. http://documents.un.org/mother.asp )

GASTO MILITAR NO ESTADO ESPAÑOL: 18.900 millóns de euros máis do que gastan xuntos os Ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, Educación e Cultura, Agricultura, Pesca e Alimientación e Meio Ambiente!

(Fonte: Cátedra UNESCO UAB:www.pangea.ceg/unescopau/)

Nen unha persoa, nen un pensamento, nen un euro para o militarismo!

A porcentaxe de mulleres que se integraron nas Forzas Armadas pasou en dez anos do 0,7% ao 13,5%. É a “saída laboral” que nos dan para frear o desemprego, a precariedade e a falta de seguridade laboral. Cando reclamas unha maior igualdade o que lles oferecen às rapazas novas é a entrada nun exército xerarquizado e fortemente patriarcal e sexista, que provoca casos de acoso, desprezo e inclusive maltrato físico e sicolóxico.

Contra o exército, moviliza-te "Non deveria haver nengunha muller no exército. Saquemos dali aos homes."- Petra K. Kelly

Mais infromacions en www.cntgaliza.org